Uptown crypto pokies online

  1. Comment Jouer À Fire Hopper Pour De L'argent Réel?: A cash-out bonus, which is loved by users, is also offered.
  2. ¿Cuánto Se Puede Apostar En El Juego De Casino Smoking Hot 7'S? - It can save you a lot of time and money being spent on the wrong casino game.
  3. Le Jeu Miss Cherry Fruits Peut-Il Être Joué En Direct?: The rotation of the reels is activated by the Start button (the normal mode) or by the Autoplay option (the automatic rotation of the reels).

All in poker rules

Jak Si Vybrat Nejlepší Koi Princess Casino
This makes the entire process more straightforward and easier to maintain bankroll discipline.
Πώς Επηρεάζει Το Στοίχημα Τα Κέρδη Στο Παιχνίδι Cursed Seas;
Mohegan Sun Pocono operates an online casino through Unibet, but the big wins occurred again, at the brick and mortar.
The no deposit bonuses begin at 6% for beginners (Steel), before bumping up to 7% at the Chrome level, 8% for Bronze, 9% for Silver, 10% for Gold, 11% for Platinum, 12% for Titanium, and a whopping 15% for Diamond level players.

Caesars Melbourne slots

Ako Vybrať Zárobky V Ninja Ways?
Another common mistake is not knowing the rules of the game.
Jane Hunter And The Mask Of Montezuma With Bonuses
Some of the top Australia poker sites online run more than a dozen tournaments every day.
Quelles Sont Les Restrictions Au Casino Wolf Gold ?

Ollada interior

“Creo que son o mesmo como autor e como persoa. Non tratei de crear un personaxe diferente. Considérome sociable, asequible e valoro os afectos. Non soporto as torres de cristal.”.

“Por riba do éxito que poidan ter os meus libros, está o seu valor moral. Creo que debemos escribir, sempre, buscando o ben. Unha das escritoras que máis me gusta (inclúo o xénero masculino) é Iris  Murdoch. Ela escribiu un libro titulado:  The  Sovereignty  of  Good (A soberanía do ben)”.

“Entendo o ben como esa plenitude interior que nos colma e que sentimos diante da natureza, unha obra de arte, a amizade ou o amor.”.

“Gustaríame compartir a emoción de escribir algo que nos axude a comprender mellor como somos, que se transforme nun vagalume que alumee o camiño da vida.”.

“Vagalume, esa é a imaxe que me acompaña cando penetro no territorio da sombra. Unha pequena luz na escuridade e no misterio que somos.”.

Nese sentido considérome autor de “unha literatura da vida”, e difícil de encadrar nun só xénero.

Busco provocar tensión e emoción no lector a través dos poemas ou das historias que escribo, pero tamén admiración, sorpresa e relación afectiva coa natureza e co mundo.

Enfoco a miña vida e a miña actividade como un camiño. Camiñarei sen mapas, sen etapas preestablecidas. Camiñar, simplemente. Ir por onde me leve o camiño. Como no poema de Machado: “Yo voy soñando caminos de la tarde/ ¡Las colinas doradas, los verdes pinos, las  polvorientas encinas! /Adónde el camino irá…?”

“O meu principal obxectivo cando escribo é compartir”.

Definiría a miña obra como “sempre aberta á natureza e asomada ao interior do ser humano libre”

EXISTO COMO AUTOR…

“A miña nai, que era unha extraordinaria narradora oral, virtude herdada do seu avó, aprendeume a contar e preocupouse porque a miña irmá e eu amásemos os libros.”.

“O meu pai traballaba nun cine e eu medrei vendo películas desde antes de ter memoria. De feito, a primeira lembranza da miña vida é a secuencia dunha película. O cine ensinoume unha maneira particular de narrar, facelo en secuencias”.

“Existo como autor porque creo que hai en min emocións e territorios vitais que podo compartir”.


A MIÑA INSPIRACIÓN/ OS MEUS MOTORES

“Amo a vida nas súas múltiples facetas”.

“Dicía  Bertrand  Russel, que poucas cousas había que lle producisen un maior pracer que os paseos pola natureza. A min sucédeme algo semellante. Camiñar, navegar, bañarme na praia que quero todos os meses do ano, sen importarme o frío, sempre que o mar me acepte. Gústanme os paxaros, os cetáceos, o bosque. Viaxei a lugares afastados por eles. Os paxaros están moi presentes na miña literatura”.

Creo que son amigo dos meus amigos.  Procuro que a miña literatura estea vinculada á vida e interésanme moito os recunchos e as marxes, a periferia da que non nos decatamos. Tamén me gustan os detalles. Penso que formamos parte dunha rede, que é a vida, na que os detalles son os nós desa estrutura reticular que  construímos e que nos vincula. Eses detalles, ben colocados nunha novela ou nun relato, danlle outra dimensión.

“A memoria é moi importante para min, e trato de compartir iso co lector. Memoria entendida desde o punto de vista histórico, familiar, persoal, do territorio”.

“Non son tanto un escritor de literatura histórica, como da memoria. Gústame e interésame a novela histórica, téñolle moito respecto cando está ben escrita, pero eu non son historiador. Por ignorancia e por respecto, creo que nunca escribirei un libro que vaia máis alá do século  XIX. O meu horizonte temporal está na miña memoria ou na memoria recibida. Iso sitúame, aproximadamente, nos albores do século XX”.

“Como novelista: habitante do meu tempo e autor dunha escritura secuencial, a veces utilizando varias voces narrativas, poética, non exactamente lírica, pero que si procura o ritmo, á imaxe, á metáfora e que sempre se asoma ao íntimo”.

“A natureza e a paisaxe sempre están presentes no que escribo. As miñas historias procuran manter a tensión narrativa, pero tentando sempre ser eu quen suxeite as rendas do relato. Isto vale para a narrativa de adultos e xuvenil, tamén para o poema”.

“Como poeta: poeta da experiencia e do íntimo, pero tamén social, comprometido co tempo no que vivo, poñendo o verso e a palabra ao servido de causas que considero justas. Iso explica a longa lista de publicación colectivas nas que participei.”.

“Non me vinculo a ningún xénero, aínda que transitase por varios. Plurixénero, vaia palabra!”.

“Procuro compaxinar ética e estética, porque creo que así é a vida”.

REFERENTES

Julio Cortázar e Aurora Bernárdez, como parella dedicada á literatura. Os dous extraordinarios tradutores, el escritor e agora sabemos que ela tamén. Viaxeiros, curiosos, amigos dos seus amigos.

Pero como escritor galego, os meus referentes na narrativa serían Eduardo Blanco Amor e Méndez Ferrín.

“Creo que a vida é un agasallo. Que cada día é o día.”.

“A natureza dáme enerxía e forza, nela medro.”.

“Veño dun pasado ao que non podo nin debo renunciar e que non quero esquecer. Traballo para un futuro que non verei, pero que, aínda que sexa minusculamente, tamén depende de min.”.

Vivo nos afectos e gústame abrazar.