Bonus for online crypto casinos

  1. How To Avoid Cheating On Big Bass Splash Games: In 2023 they were crowned Live Casino Supplier of the Year for the tenth consecutive occasion at the EGR B2B awards.
  2. What Are The Chances Of Losing In The 9 Masks Of Fire Game - Ramses Book - Golden Nights Bonus is a slot machine by Gamomat.
  3. Juego De Casino De Big Cat Rescue Megaways Con Diferentes Tipos De Premios Mayores: This will give the player one jackpot spin.

3 Reel online slots

Opal Fruits Oyununda Kaybetmemek Için Hangi Stratejiler Kullanılabilir
Or you will have made seven units from that initial, first-unit bet.
Bozo Cats Çevrimiçi Kumarhanede Kazanmak Için Ipuçları Ve Püf Noktaları
Double Chance, Rise of Egypt, Wild Warriors and more.
As it might needless many more precise-makers portals wise than end up a bit limited slot paytables and that will make reasons wisefully suited end.

Chances of hands in poker

Comment Gagner Des Prix Dans La Roue Bonus Du Jeu Coin Dozer?
Mastercard is one of the more unique electronic payment options because it cant extend credit, nor issue cards.
Beste Tipps Fürs Gewinnen Beim Spielen Von Hellcatraz 2 Dream Drop
With its staggered reels, stacked symbols and Wilds, there are plenty of ways for online slot players to earn big prizes.
Comment Jouer À Piggy Bank Bills Sur Tablette

Relato dunha vida

Durante moito tempo pensei que a miña primeira lembranza era o nacemento de María Xosé, a miña irmá, tres anos e tres meses máis nova ca min. Gardo un recordo nítido da visita co meu pai á clínica, para ver á miña nai e coñecela a ela. Con todo, pasados os anos, cheguei a saber que a primeira lembranza é unha secuencia dunha película que tiña por título orixinal Hollywood or Bust, estreada en España como Loco por Anita, protagonizada por Dean Martin, Jerry Lewis e Anita Ekberg. O meu pai traballaba como administrador do cine Xesteira, construído polo seu tío e eu medrei nel. Agora sei que a película se estreou en Ourense, no seu cine, en 1959, pouco antes de nacer a miña irmá.

A miña nai, herdeira dunha marabillosa tradición familiar de narradores orais, iluminou os mediodías e as noites da nosa infancia coas historias que nos contaba. O único conto clásico que lembro contado por ela, era Garbancito. O seu repertorio nutríase das fábulas dun tempo en que os animais falaban; as historias do río Miño, os seus barqueiros, os pescadores, os muíños e as lontras; o ciclo das estacións, as súas flores e os seus paxaros e, tamén, os seus recordos da Guerra Civil, que ela viviu entre os sete e os dez anos. O meu avó, director de banda e música e republicano, tivo que escapar e esconderse no monte para non ser executado durante os primeiros días do conflito, o que supuxo unha vivencia indeleble para a miña nai.

John Patrick Thompson, profesor norteamericano que analizou a relación da novela galega coa Guerra Civil, entre elas O bosque das antas, ao saber que a Guerra formaba parte do ciclo narrativo vital e oral da miña nai, quixo coñecela. Chamáballe a atención que unha muller galega contase iso aos seus fillos, impresionábao. Cando se atopou con ela para gravar unha entrevista en vídeo, preguntoulle a razón pola que nos contaba unha historia tan terrible. A miña nai fitou á cámara e respondeu: os meus fillos tiñan que saber.

No colo da miña nai na Ponte Nova de Ourense
Con María José, estrada de Oira

O cine e a memoria forman parte esencial da miña vida. Canda eles, a sorte de vivir nunha cidade, pero só a un quilómetro e medio da casa da miña avoa, en Oira, unha aldea, coas súas vacas, porcos, galiñas, gatos, paxaros. Coa posibilidade de poder traballar nas vendimas, na matanza, na sementeira e recollida das patacas, vendo como se sucedían as estacións, como chegaban e marchaban o cuco, as andoriñas, a bubela ou as meixengras; descubrindo camisas de cobra nos camiños, escoitando falar do lobo. Todo iso compartido co parque urbano, o colexio, as festas da cidade coas súas marionetas, batalla de flores e verbenas.

Hoxe, a miña irmá e eu coincidimos en que a nosa infancia foi feliz. Cando no cine proxectaban películas das denominadas “toleradas menores”, os sábados pola noite, coa nai, iamos velas. O noso pai marchaba antes, para comprobar que todo ía ben. Pero volviamos xuntos, os catro, de madrugada, acompañados do sereno, que sempre esperaba polo meu pai que, cada noite, traía para casa a recadación do día para ingresala pola mañá no banco, e que vivira un par de intentos de atraco, dos que os salvara Antonio, o noso sereno e heroe familiar.

O Xesteira, o noso cine

Estudei os primeiros anos nun colexio de monxas, das que gardo un recordo tan nítido como negativo. Logo preparei o ingreso nunha academia. Rubén, o marido de Pilar, a propietaria, regresara do exilio en Francia e ensinábanos cousas en francés, entre elas o Painoso ou un poema de Ronsard: Mignonne, allons voir se a rose… O ritmo dese poema segue vibrando dentro de min e creo que foi esencial na construción da miña obra poética.

O bacharelato estudeino nos Salesianos de Ourense. Días bos e días malos. Con profesores extraordinarios que nos ensinaron a comprender e interpretar o mundo, en especial a Darwin, pero tamén soportando humillacións, abuso e castigos inmerecidos.

Con María José, carretera de Oira
Diante dun bombardeiro

Nese tempo descubrín a fascinación da lectura. Cando aprobei segundo de bacharelato en xuño, a miña nai levoume a unha libraría e deixoume elixir o libro que eu quixese. Era a primeira vez que mercaba un libro escollendo eu, antes todos foran agasallos. Decidín Os fillos do Capitán Grant de Jules Verne, que conservo e que gardo. Ese libro levoume a vivir un das viaxes máis fermosas da miña vida, porque me empeñei en percorrer a Patagonia e a cordilleira dos Andes polos mesmos lugares polos que transcorre parte da novela. Tiven a sorte de que me collese a implantación dun novo plan de estudios e de vivir a emoción do primeiro COU mixto da historia. A nosa clase estaba formada por 17 mozas e 13 mozos. Eu tiña 16 anos. Xa escribía versos. Namorei de Carmen, conseguín chamar a súa atención cos poemas que lle escribía e descubrín que a poesía tiña un valor extraordinario, igual ou superior ao de tocar as cancións dos Beatles ou de Neil Young cunha guitarra, ou xogar moi ben ao baloncesto, que eran as actividades de maior prestixio. Durante os seis anos que durou a nosa relación, xuntos descubrimos a vida. A miña intención era estudar xornalismo. Fora bolseiro todo o bacharelato, pero en COU non me concederon a bolsa para ir estudar a Madrid. Lembro unha mañá de verán de Ourense, cunha calor abafante, na que o meu pai pediume que fose velo ao cine. Alí expúxome a gran pregunta: Que imos facer contigo?. Ofreceume tres alternativas: estudar para mestre, oposicións á administración ou entrar a traballar no banco no que, cada mañá, ingresaba a recadación do cine. Hoxe, talvez, escollería ser mestre, porque co tempo descubrín que me gusta dar clases e, segundo din, non o fago mal como docente.

Chanzo inferior. Segundo pola dereita. Cambados. Curso de verán 1971

Pero aquela mañá acordei ser funcionario público. Por eses días fun aceptado nun grupo de teatro, na época do teatro experimental e libre do final do franquismo. Militei nunha célula dun partido clandestino, estudei os temas de acceso á administración e aprobei á primeira a miña primeira oposición, con 19 anos. Nese momento xa me matriculara no Colexio Universitario de Ourense na carreira de Filosofía e Ciencias da Educación. Con 19 anos era o único do grupo de amigos que gañaba un soldo mensual, o que me permitiu convidar aos máis queridos a pasar algunha fin de semana en Portugal. Destinado no Goberno Civil de Ourense, vivín todo o proceso de transición democrática, participando no equipo permanente que se organizou para levar a cabo sete procesos de votación en seis anos, entre eleccións e referendos. Esa foi unha grande aprendizaxe. Tras a interrupción que supuxo un servizo militar moi duro en Canarias, xusto despois da Marcha Verde e da entrega do Sahara a Marrocos, finalicei a carreira e xa co título universitario preparei dúas oposicións máis que me permitiron acceder aos corpos superiores da Administración Pública. Con 24 anos gañei o Premio de Poesía Cidade de Ourense, na súa primeira convocatoria. O premio supoñía a publicación do libro gañador. Para entón desenvolvérase en min a vocación de servizo público.

Escribindo a máquina o primeiro libro. Ourense 1979

En 1982, angustiado coa fama adquirida na miña cidade pequena tras gañar o premio, buscando novos horizontes, coñecer aos escritores da miña xeración que lía, pero non coñecía, aceptei incorporarme como voluntario á administración autonómica galega que se acababa e crear, trasladándome a vivir á cidade de A Coruña. Nela coñecín á fotógrafa Maribel Longueira e, por ela, un territorio novo que me cativou para sempre, o litoral de transición entre as Rías Baixas e A Costa da Morte.

Diante dun xuíz casamos en 1985. En 1986 naceu o noso fillo Daniel.

Con Maribel en Carnota. 1984

En 1988 gañaba o premio Xerais, coa novela O bosque das antas, na que, a través dunha ficción, narro a historia real do meu avó que nos contaba a miña nai. Unha mentira para poder contar unha verdade.Case sempre puiden compaxinar a vida laboral e a literaria. Ocupei postos de responsabilidade na administración, sen aceptar nunca cargos de natureza política e loitei por manter a miña independencia e liberdade como autor.

Tanto a literatura como a administración déronme moito máis do que lles dei eu. Coñecín a xente extraordinaria, viaxei por catro continentes, debín afrontar responsabilidades que me fixeron madurar e que tiveron o seu reflexo na literatura. Puiden ler os meus poemas en moitos países. Asistín a feiras do libro, unhas veces como funcionario e outras como escritor. O traballo administrativo levoume desde o Ártico a África, desde Rusia a boa parte de Latinoamérica. O literario permitiume coñecer e ser amigo de Aurora Bernárdez, Elena Poniatowska ou Antonio Gamoneda.

O 31 de xullo de 2019, tras 43 anos na administración, solicitei a xubilación voluntaria.

Sempre me gustou que a literatura que escribo se sitúe nese territorio difuso que non divide, nin separa, que confunde a realidade e a ficción. Tamén que se nutra da experiencia e da memoria. Nese sentido e como exemplo, citar a novela A noite branca, porque para escribila, Maribel e eu viaxamos en auto caravana, desde A Coruña a Novgorod, atravesando Europa. Doce mil quilómetros entre ida e volta, un mes de viaxe, seguindo con exactitude o roteiro que levou á División Azul desde España ata a fronte rusa en 1941, para combater co exército alemán na II Guerra Mundial. O xornal La Voz de Galicia apoiou a iniciativa e abriu un blogue (De Galicia a Novgorod) no que escribimos e colgamos fotos cada día. Tivo moitas entradas e participación, o que logo axudou ao éxito da novela. Tres edicións en 5 meses e o premio “Irmandade do libro”, ao mellor libro galego do ano 2012. Nela, a memoria da miña nai e o cine do meu pai, volven ser esenciais. Traballei case todos os xéneros literarios: poesía, novela, relato, ensaio, literatura infantil e xuvenil, de viaxes, guións de cine e televisión ou teatro. Tamén colaborei en prensa e radio. Durante oito anos mantiven o blog: A noite branca, ata que me vin forzado a deixalo, debendo optar polo que era máis importante para min naquel momento, xa que non podía manter toda a actividade que desenvolvía e, ao tempo, atender á miña nai, cega e enferma de Alzheimer.

Con Daniel. Selva de Irati

Os últimos libros que publiquei, cando escribo esta biografía, en abril de 2020, en días de confinamento, foron unha novela cualificada de feminista pola crítica escrita por mulleres, titulada Alma e o mar e un libro para lectores autónomos que necesitan axuda, así lle din na editorial aos lectores comprendidos entre os 8 e os 10 anos, Os contos dá avoa Pepa, no que reúno a maior parte das historias que nos contaba a nosa nai. Este libro mereceu, o ano pasado, o “Premio da Gala da Edición Galega ao mellor libro infantil do ano 2018” e figura na lista de honra da CLIJ, dos 100 mellores libros infantís e xuvenís 2019. O último libro publicado, Manuel Rodríguez Louro, Do Monte Pindo a Mauthausen, editado pola Deputación Provincial da Coruña e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, conta o pouco que sabemos da vida de Manuel, un mozo da Costa da Morte que non quixo ir á unha guerra e que, tras combater en dúas, faleceu en Mathausen.

Levo anos cun libro que denomino “proxecto cetáceo”, porque o que pretendo é contar a relación de Galicia cos cetáceos, dende o paleolítico superior ata hoxe. Trátase dun proxecto total, no que hai: relato, biografía, literatura de viaxes, poesía, entrevistas, correspondencia, pero tamén bioloxía, oceanografía, paleontoloxía, arqueoloxía, cartografía, historia… e, como Galicia está situada nun punto fundamental no mapa, que xa dicía Seamus Heaney que Galicia non é a fin da terra, senón o primeiro lugar que se atopa navegando dende Irlanda, pois o libro fala de todos os continentes e de todos os mares e océanos. Aínda non ten título definitivo.

Cos meus pais na casa de Lira

A min lévame moito tempo escribir un libro. Quizais por iso publiquei tanto, curioso paradoxo. Preciso cambiar de xénero para poder volver a un no que veño de traballar. A miña media é unha novela cada sete anos, un libro de poemas cada cinco, e polo medio literatura infantil, xuvenil, de viaxes ou ensaio. As voces dun libro permanecen moito tempo dentro de min, como ecos que veñen dun lugar fondo e de difícil acceso. Se remato unha novela e escribo outra, dáme a sensación de que as voces da anterior contaminan os da nova. Igual me sucede cos ritmos, cadencias e universo de imaxes e metáforas dun libro de poesía. Teño que repousar, deixar que as voces e ecos se apaguen para poder iniciar un novo proxecto no mesmo xénero.
Non sei cantos libros me dará tempo a escribir na vida que me queda . Quizais dúas novelas, o libro dos cetáceos, algún de poesía. Na carteira agardan os cadernos de proxectos iniciados ou soñados hai anos e polo camiño poden xurdir outros. Iremos vendo, que o camiño faise camiñando.

Paris, Shakespeare and Cº
París. Shakespeare and Cº